domingo, 21 de novembro de 2010

I Mostra de Cinema Galego em São Paulo

FFLCH-USP / Sociedade Hispano Brasileira de São Paulo
Entrada Franca


LINGUAS CRUZADAS (2008), de María Yáñez e Mónica Ares / 70 min.
Documental baseado en entrevistas a mozos e mozas de diferentes cidades, vilas e aldeas galegas que explican a súas razóns para falar en galego, en español ou nas dúas linguas. Un documento actual sobre a situación da lingua en Galicia, o bilingüísmo e a diglosia. / Versión orixinal en galego.
24 novembro - 14:00 h. [FFLCH / SALA 165]

A LINGUA DAS BOLBORETAS (1999), de José Luís Cuerda / 95 min. (Capa ao lado)
Baseada en tres relatos do libro “Que me queres, amor?”, do premiado escritor coruñés Manuel Rivas, a película narra o ambiente da sociedade galega nos meses previos ao comezo da Guerra Civil a través da vida dun mestre de escola e os seus alumnos. / Versión orixinal en español con subtítulos en portugués.
26 novembro - 20:30 h. [Sociedade Hispano-Brasileira (Rúa Ouvidor Portugal 541 - Vila Monumento)]

PRADOLONGO (2008), de Ignacio Villar / 110 min.
Os conflictos e as conviccións de tres mozos do interior da provincia galega de Ourense que descobren o amor, a amizade e os ideais e que definen as súas vidas no contexto dun país que se debate entre a industrialización, a tradición e o respecto á natureza. Versión orixinal en galego con subtítulos en portugués.
1 decembro - 20:30 h. [Sociedade Hispano-Brasileira]

SEMPRE XONXA (1989), de Chano Piñeiro / 114 min.
A vida e os traballos nas aldeas galegas na década de 1940, a experiencia traumática ou exitosa da emigración a América, as lendas e a maxia que se confunden coa realidade a través da historia dunha muller, Xonxa, e a súa
experiencia vital. O primeiro grande éxito do cinema galego. / Versión orixinal en galego con subtítulos en portugués.
30 novembro - 14:00 h. [FFLCH / SALA 264]
4 decembro - 17:00 h. [Sociedade Hispano- Brasileira]

Informações e contatos
www.sociedadehispano.com.br
www.cegal.usp@gmail.com
facebook: cegal usp

Nenhum comentário:

Postar um comentário